martes, 16 de enero de 2018

FELIZ 2018!!

Ainda non tiveramos ocasión de desexarvos a todos unha moi feliz entrada neste novo ano. Aínda que no cole nos adiantamos un pouco mais para celebralo, xa que o último día viñemos vestidos para a ocasión e tomamos as "uvas" con todos os nosos compañeiros/as; postos na celebración, brindamos con Chimpin e pasámolo en grande co cotillon. Aquí deixamos algunhas das fotos dese día...












VISITA DO PAXE REAL

En Educación Infantil tívemola sorte de que nos veu visitar o paxe real para comprobar que xa todos tiñamos a carta preparada ante a chegada dos reis magos. Deunos chocolatinas e fixemos unha foto con el, aquí van...



ENTREGA DE PREMIOS DECORACIÓN DE PORTAS

O derradeiro día do trimestre pasado fíxose entrega dos diplomas pola participación no IV certamen de decoración de portas. Aquí están os mais peques recollendo os galardóns ;)



jueves, 30 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO

Os nenos/as de Educación Infantil estamos concienciados de que coa violencia non se chega a ningún lado. Por iso o venres día 24 estivemos traballando sobre este tema. Limos o libro "O país dos mandóns" e falamos sobre as diversas cousas que podemos facer coas nosas mans sen recurrir á violencia.
A andaina que se tiña prevista ao redor do centro tivo que ser suspendida por mor do mal tempo.



CELEBRACIÓN MAGOSTO

O pasado10 de novembro celebramos no cole o Magosto. Durante a mañá tivemos xogos populares no patio e despois degustación de castañas e duns riquísimos bolos preñados. Aquí vos deixamos algunha foto.





martes, 21 de noviembre de 2017

VISITA DUNHA MEIGA

Aproveitando o proxecto dos seres mitolóxicos, tivemos unha visita moi especial. Veu unha meiga a facernos un conxuro ao cole!
Pasámolo en grande!




jueves, 16 de noviembre de 2017

GALICIA MÁXICA

Este curso estamos traballando un proxecto sobre os seres mitolóxicos. Comezamos pola MEIGA e estas son algunhas das aportacións que estamos recibindo. 
Moitas gracias a todos pola vosa colaboración!!